
O verán é tempo de traballo para os colexiados no ámbito FEB. Establecendo as bases para a nova temporada 2018 – 2019, a área de Árbitros da Federación Española de Baloncesto activa nestas datas diferentes clínics e xornadas de tecnificación orientadas aos árbitros dos seus diferentes grupos de competición.
Nestas citas, repartidas ao longo destes dous meses; a representación galega corre a cargo dos seguintes colexiados:
XXI Clínic de Formación Árbitros FEB (Alcobendas, 09/07/18 – 13/07/18)
Cristian Abalo (Grupo 1 CGAB. Arousa).
Compartirán actividade un total de 24 colexiados que recibirán clases teóricas e prácticas, repartidas nas instalacións do “Espacio 2014” e no Pavillón Centro de Alcobendas, respectivamente.
Xornada Unificación Criterios Federacións Autonómicas 2018 (Alcobendas, 14/08/18)
Miguel Ángel Pérez (Director Técnico Comité Galego de Árbitros)
Elio Clavería (Grupo FEB 2. CGAB Ourense)
VIII Xornadas de Tecnificación de Árbitras Grupo 3 FEB (Valencia, 16/08/18 – 18/08/18)
Lara Antelo Oliveira (Grupo 1 CGAB. Arousa)
Participarán 13 colexiadas de diferentes Comunidades Autónomas.












