Renovando visita á vila de Ponteareas, por sexta ocasión nesta temporada, a Delegación en Vigo trazará este domingo sobre a pista do Pavillón Álvaro Pino unha nova xornada de tecnificación, afondando así no obxectivo de potenciar o baloncesto nesta vila, tarefa activa dende o pasado mes de outubro.
Co plan de acción habitual, abrindo a participación dende a categoría premini ata a cadete, a Delegación FGB levará a cabo este Centro de Tecnificación (CETI) coa colaboración dos adestradores Xavier Barra (C.B. Baiona), Jose A. Carrera (C.B. Condado) e Adrián Rodríguez (C.B. Condado).
Súa será a responsabilidade de guiar aos xogadores e xogadoras que comparezan, os que a súa vez serán informados da vindeira celebración, no mes de maio tamén en Ponteareas, dun Torneo – Peche de Temporada.
A convocatoria para este domingo, 22 de abril,reza deste xeito:
Delegación en Vigo – Ponteareas, 22/04/12 – Convocatoria Aberta
Categorías:Preminibasket, minibasket, infantil e cadete.
Sede
Pavillón Álvaro Pino
Horario
10.30 h – 13.00 h












