Torneo “Norteo” de veteranas: calendario de xogo

O Torneo “Norteo” de baloncesto veterano feminino regresa a Marín. Co apoio e patrocinio da Xunta de Galicia e a colaboración do Concello de Marín, celebramos este fin de semana a segunda edición do noso Torneo “NORTEO”, unha cita que pon en primeiro plano os valores do baloncesto veterano feminino, e que nesta ocasión reune a seis equipos de referencia.

O Pavillón San Narciso será o escenario, este sábado e domingo, 20 e 21 de decembro, no que consolidar a a aposta da FEGABA e Xunta de Galicia pola vertente veterana do baloncesto feminino en Galicia. As protagonistas virán da man de CB San Cibrao, Maristas Coruña, Marín PeixeGalego, Las Herminias de León, CB Arxil e Cris Seijo Breogán.

Calendario

Sábado – 20/12/25

(12:00 h) CB Arxil vs CB San Cibrao

(13:00 h) Cris Seijo Breogán vs Las Herminias de León

(17:00 h) CB San Cibrao vs CB Maristas

(18:00 h) Las Herminias vs CB Peixe Fresco

(19:00 h) CB Maristas vs CB Arxil

(20:00 h) CB Peixe Fresco vs Cris Seijo Breogán Domingo

Domingo – 21/12/25

(11:00 h) 3º A vs 3º B

(12:00 h) 2º A vs 2º B

(13:00 h) 1º A vs 1º B

A entrada para desfrutar dos partidos será libre.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias