Todo o que precisas saber sobre o #KDTINF2025

(Info: Comunicación FEB)É o primeiro gran evento do 2025. A provincia de Huelva reúne aos mellores xogadores de entre 13 e 16 anos desde o 3 ao 7 de xaneiro co Campionato de España Infantil e Cadete de Seleccións Autonómicas. Un torneo que se poderá ver integramente desde CanalFEB.

AS GRANDES CIFRAS | Máis de 900 xogadores/as, uns 150 técnicos, case 100 árbitros, 19 Federacións Autonómicas, 76 seleccións, 220 partidos, 10 pavillóns… e ao redor de 3.000 visitantes que seguirán o primeiro gran evento do ano.

TODOS OS PARTIDOS, EN DIRECTO E GRATIS | Serán 220 partidos entre os catro campionatos e case 400 horas de baloncesto de formación en directo. Todo se poderá ver gratis en CanalFEB cun sinxelo rexistro para crear unha conta, cunha produción con marcador e tempo en todos os encontros. As semifinais e as finais, cunha produción profesional, se amplificarán desde as redes sociais da FEB.

10 PAVILLÓNS NUNHA SEDE CLÁSICA | Huelva e as localidades de ao redor volverán ser por sétima ocasión consecutiva (nove das últimas dez edicións) a sede do torneo. O Carolina Marín, Andrés Estrada e Diego Lobato da capital; o Gil Hernández e o Hernández Albarracín de Punta Umbría (onde estarán aloxados todos os participantes), o Plus ultra e o Novo Frontón de Palos de la Frontera; o Municipal de Aljaraque; o Alcalde Juan Miguel Polo de Cartaya e o Municipal de Gibraleón serán os escenarios dos encontros.

SISTEMA DE COMPETICIÓN CON CUARTOS DE FINAL | Mantense o sistema de competición dos últimos anos. Dous días de fase regular nos cinco grupos, e outros tres de fase final. Cuartos de final, outro cadro para os postos do 9º ao 16º e un triangular para os postos 17º ao 19º. Pasarán a cuartos de final os dous mellores dos Grupos A, B e C, e o mellor dos Grupos D e E.

GALICIA NESTE KDTINF2025 | Galicia afronta esta cita tras unha intensa preparación que culminará no primeiro partido de cada unha das nosas seleccións, encadradas nos seguintes grupos de xogo para a Fase Inicial: 

CADETE MASCULINO
Grupo B:  C. Valenciana, Galicia, La Rioja e Extremadura.

CADETE FEMININO
Grupo E: Galicia, País Vasco e Cantabria.

INFANTIL MASCULINO
Grupo D: Galicia, País Vasco, Navarra e Ceuta.

INFANTIL FEMININO
Grupo D: Galicia, I. Baleares, Extremadura e Ceuta.

 

Os seus calendarios completos de xogo poden consultase aquí: Masculino Primeira Fase |Feminino Primeira Fase | Masculino Fase Final | Feminino Fase Final

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias