Lamentamos comunicar que, debido ás condicións meteorolóxicas que, agora mesmo, se indican para o longo de todo o día de hoxe, vémonos na obriga de SUSPENDER a totalidade da xornada do III Torneo 3×3 GO! GO!ZO! prevista para este domingo.
Somos os primeiros que queremos que os nenos e nenas desfruten dunha xornada de baloncesto, pero tamén, os primeiros que non queremos que se disputen os partidos se as condicións non o permiten.
Somos plenamente conscientes do esforzo que todos os equipos fixestes por participar e queremos agradecer enormemente a vosa comprensión.
Para calquera dúbida ou consulta, lembrade que tedes á vosa disposición o noso teléfono de contacto, remitido nos mails de información.
Desculpade as molestias que isto poida ocasionar. Moitas grazas por todo.









