Special Olympics Galicia e FEGABA suman unha temporada máis de traballo en común

Special Olympics Galicia e a Federación Galega de Baloncesto actualizan o seu convenio para fomentar o deporte inclusivo.

Dende 2016 ambas entidades colaboran para promover a práctica do baloncesto entre persoas con discapacidade intelectual.

Coa renovación deste acordo, materializada este martes da man do Presidente FEGABA, Julio Bernárdez; e o Presidente SOG, Eladio Fernández; reafirmamos o noso compromiso de continuar traballando xuntos por unha sociedade máis inclusiva a través do deporte.

Esta alianza permitirá seguir desenvolvendo actividades e programas técnicos, arbitrais e sociais que faciliten a participación activa de todos e todas as deportistas, garantindo igualdade de oportunidades e fomentando a inclusión social.

Grazas a este convenio, Special Olympics Galicia e a Federación Galega de Baloncesto consolidan unha relación que leva case 10 anos promovendo o baloncesto adaptado en Galicia.

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias