
Celebrouse o sorteo do calendario do Campionato de España Junior Masculino que se disputará en Bilbao do 30 de abril ao 6 de maio. Entre os 32 equipos que loitarán por conquistar o título hay dúas prazas galegas, a que xa ocupa o campión autonómico, Club Ourense Baloncesto, e a que se porá en xogo este sábado na Fase Final A4 a celebrar en Lugo.
Os tres primeiros clasificados dos Grupos A, B, C e D, máis os líderes dos Grupos E, F, G e H clasificaranse para oitavos de final, cos 16 mellores equipos disputando eliminatorias directas ata a final.
A composición dos grupos é a seguinte:
GRUPO A
1º Cataluña
2º Canarias: Canterbury Academy
2º Madrid
1º Castilla León: Clínica Sur CBC Valladolid
GRUPO B
1º Madrid
1º País Vasco: Easo Loquillo
2º Andalucía
2º Valencia
GRUPO C
2º Cataluña
1º Aragón
3º Madrid
2º País Vasco: Fundación 5+11
GRUPO D
1º CAN: Gran Canaria
3º Cataluña
1º Andalucía
1º C.Valenciana
GRUPO E
1º Galicia: Club Ourense Bto
1º Asturais: B. Villa de Mieres 2012
1º Castilla La Mancha
3º Canarias: CBA
GRUPO F
1º Murcia
2º CYL: Colegio Leonés F. León
2º Galicia
2º Aragón
GRUPO G
3º País Vasco: Bilbao Unamuno
1º Extremadura
1º Navarra: San Cernín
3º Aragón
GRUPO H
1º Baleares: CB Consell BJ Aluminox
1º Cantabria
1º Rioja
1º Melilla
A celebración deste Campionato de España Júnior dáse grazas á suma de esforzos e colaboración de tres federacións, a Bizkaina, a Vasca e a Española e grazas ao apoio de tres institucións como o Concello de Bilbao, a Deputación Foral de Bizkaia e o Goberno Vasco que apostan polo deporte e exercer de sé de grandes eventos deportivos.
XLVI Campionato Endesa de Clubs Junior Masculino: calendario completo










