O Campionato de España Júnior Feminino, que se disputará nas localidades da mariña lucense, Burela, San Ciprián e Viveiro; xa ten calendario. Este dáse a coñecer tras o sorteo celebrado na mañá deste martes.
A cita será en Lugo, do 7 ao 13 de maio. Unha semana de baloncesto feminino de formación na nosa Comunidade, unha das terras con máis tradición no noso deporte.
Os 32 mellores equipos da categoría (faltan por decidir algúns en fases autonómicas que se disputarán nos próximos días), reuniranse durante unha semana para determinar o mellor equipo da tempada.
Os tres primeiros clasificados dos Grupos A, B, C e D, máis os líderes dos Grupos E, F, G e H clasificaranse para oitavos de final, cos 16 mellores equipos disputando eliminatorias directas ata a final. A primeira fase xogarase en Burela, San Ciprián e Viveiro. Os oitavos de final disputaranse en San Ciprián e Viveiro, mentres que a partir de cuartos de final todos os partidos serán en Burela.
A composición dos grupos é a seguinte e o calendario completo pódelo descargarse no documento que achegamos.
GRUPO A – San Ciprián
Maspalomas Costa Canaria (Las Palmas Gran Canaria) (1º CAN)
Ponce Valladolid (Valladolid) (2º CYL)
Valencia BC (Valencia) (2º VAL)
Innobasket Novatex (Avilés) (1º AST)
GRUPO B – Viveiro
1º CAT.
Ibaeta Easo DBN (Donostia-San Sebastián) (1º P.V.)
1º MAD.
Canterbury Academy (Las Palmas G. Canaria) (2º CAN.)
GRUPO C – Burela
Picken Claret (Valencia) (1º VAL)
Cadia CB Gades (Cádiz) (1º AND)
2º MAD
Agustinos Bernesga Motot (León) (3º CYL)
GRUPO D – San Ciprián
Aros (León) (1º CYL)
Iranur ISB (Azpeitia) (2º P.V.)
2º CAT
RC Celta Zorka (Vigo) (1º GAL)
GRUPO E – Viveiro
Carlomar Torrelavega (Torrelavega) (1º CANT)
Presentación Granada (Granada) (2º AND)
Campus Promete (Logroño) (1º RIO)
3º CAT
GRUPO F – Viveiro
1º EXT.
Stadium Casablanca (Zaragoza) (1º ARA)
Sant Josep (Palma Mallorca) (2º I.B)
3º GALICIA
GRUPO G – Burela
Naútico Kia Tenerife (Santa Cruz Tenerife) (3º CAN)
Bahía S. Agustín Pizzería Plaza (S’Areanal) (1º IB)
1º CLM
Avia Zizur Ardoi (Zizur Mayor) (1º NAV)
GRUPO H – Burela
2º GALICIA
Meliá Alicante F. Lucentum-Akra (Alicante) (3º VAL)
1º MURCIA
Por confirmar
XXXVII Campionato de España de Clubs Júnior Feminino: calendario












