A Federación Galega de Baloncesto abre a todos os clubs activos na temporada 2024 – 2025 a posibilidade de optar á cesión de dúas canastras regulables a tres alturas e transportables modelo Spalding 411790 Street Tournament portable backstop.
A cesión desas dúas canastras realizarase baixo unas bases específicas que estipulan os condicionantes da mesma e os baremos establecidos en función dos requistos marcados na solicitude. A identidade do club beneficiario da cesión resolverase en base a valoración feita por unha comisión, que estará composta polos membros do Comité de actividades FEGABA.
Poñemos a disposición de todos os clubs as citadas BASES, e o FORMULARIO ONLINE para realizar a solicitude.
O prazo para tramitar a solicitude remata o vindeiro 18 de novembro ás 13:00h.












