Sigaltec e Calvo Basket Xiria buscarán este sábado, 27 de setembro; o título de Copa Galicia “Terceira FEB” 2025. Farano no Pavillón “Sara Gómez” en Vilagarcía de Arousa.
O encontro decisivo desta Copa, ao que os dous equipos chegan como líderes invictos dos seus grupos na Fase Previa, desputarase no Pavillón Sara Gómez baixo a organización da propia Federación Galega de Baloncesto e a colaboración de Concello de Vilagarcía. Os locais acollerán unha Final na que ambos os equipos optarán a conquistar a que sería a primeira Copa Galicia do seu palmarés.
A final está marcada para as 19:00 h e a VENDA DE ENTRADAS para a mesma estará activa, vía plataforma online de Ataquilla, a partir de mañá, venres. Os menores de 14 anos poderán acceder sen entrada.










