Sesión Informativa – Real Decreto 739/2026

 Este martes, 13 de outubro, organizamos dende a Federación Galega de Baloncesto sesión informativa online (19:30 h) a cargo de Miguel Juane, especialista en Dereito Deportivo, sobre o Real Decreto 739/2026 de 23 de setembro.

Esta norma permite que os anos con contrato profesional de baloncesto entre 1980 e 1993, período no que non era posible cotizar á Seguridade Social, computen para a xubilación. Deste xeito, as persoas afectadas poderán acceder á pensión ou incrementar a que xa perciben. As solicitudes poderán presentarse a partir do 25 de decembro.

A ligazón e datos de acceso podedes solicítalos vía mail a secretaria@fegaba.com

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias