
A Asociación Española de Adestradores de Baloncesto, coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto, organizan este xoves, 22 decembro, en A Coruña (20.00 h, Palacio dos Deportes de Riazor) o “Seminario Muller Adestradora – Crer e Participar”.
Co obxectivo de debater temas de máximo interese para o desenvolvemento da súa actividade e participación no contexto do mundo do baloncesto, no marco deste evento as participantes poderán compartir experiencias da man de tres compañeiras de ampla traxectoria en diferentes categorías do noso baloncesto: Iria Uxía Romarís, adestradora axudante do Basquet Coruña en LEB Oro; Sandra Prieto, adestradora do C.B. Costa Ártabra en 1º División Nacional Masculina e responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Ferrol; e Julia Pena, responsable Deportiva Zonal FGB na Delegación de Lugo e adestradora do Júnior Feminino de Estudiantes Lugo.
As adestradoras interesadas en participar e que finalmente materialicen a súa asistencia poderán validar a mesma por cinco horas de formación complementaria se son alumnas dos cursos de formación FGB.












