
Recta final na preparación das Preseleccións Galegas Minibasket para a o Campionato de España, cita a celebrar entre o 28 de marzo e 1 de abril en San Fernando (Cádiz).
Os nosos dous combinados de categoría mini, dos que en breves datas darase a coñecer a lista definitiva de xogadores e xogadoras, afrontan un mes de marzo crucial, no que o aspecto competitivo irá crecendo a medida que chega a data da competición nacional.
Neste tempo, e para sumar xogo ás súa formación, tomarán parte do Torneo amigable de Miranda de Ebro, organizado os próximos 14 e 15 de marzo pola Federación Autonómica de Castilla y León e o Concello da localidade.
Madrid, Euskadi e a propia Castilla e León, tanto en masculino como en feminino, medirán as súas forzas con Galicia nesta ocasión, repetindo, salvo no caso madrileño, os interesantes duelos xa vividos o pasado mes de febreiro no Torneo de Narón.
A continuación, e lembrando que poderemos coñecer en próximos días a composición de ambas as selección galegas, remitimos o calendario que terán que afrontar neste Torneo Minibasket de Miranda de Ebro:
MINIBASKET MASCULINO
14/03/15
(16:00 h) Madrid – Castilla y León (Pav. Frontón)
(18:00 h) Galicia – País Vasco (Pav. Frontón)
15/03/15
(09:30 h) Galicia – Castilla y León (Pav. Naranja)
(11:30 h) País Vasco – Madrid (Pav. Naranja)
(15:45 h) Madrid – Galicia (Pav. Frontón)
(17:30 h) Castilla León – País Vasco (Pav. Frontón)
CATEGORÍA FEMENINA
14/03/15
(16:00 h) Galicia – Castilla y León (Pavillón Laranja)
(18:00 h) País Vasco – Madrid (Pavillón Laranja)
15/03/14
(09:30 h) Castilla y León – Madrid (Frontón)
(11:30 h) Galicia – País Vasco (Frontón)
(15:45 h) Madrid – Galicia (Pista Laranxa)
(17:30 h) Castilla y León- País Vasco (Pista Laranxa)










