
Galicia volve a casa. Nesta tarde de mércores, 23 de marzo; os integrantes da expedición galega inician o camiño de regreso, unha senda que farán coa ledicia que outorga o obxectivo cumprido: título de preferente e ascenso a Especial en feminino, e permencia nesta mesma categoría do combinado masculino.
Dende aquí, ademáis de desexar boa viaxe de volta, queremos AGRADECER a todos: xogadores, xogadoras, adestradores, fisioterapeuta, árbitros CGAB, responsables federativos, chófer e afección, pola súa actitude dentro e fóra da pista. Recoñecer tamén o seu esforzo por representar ao Baloncesto Galego do mellor dos xeitos posibles. Parabéns!
Galicia #Mini2016 Feminino – Campioa Preferente Feminina
Final Preferente – 23/03/16
(11:00 h) Galicia – Euskadi (60 – 38)

Galicia #Mini2016 Masculina – 8º Clasificado Grupo Especial











