
As Preseleccións Galegas en categoría Infantil e Cadete acometen nesta ponte festiva a que será a súa única convocatoria programada para o vixente mes de outubro.
En dobre sesión de adestramento, este venres e sábado, 12 e 13 de outubro; os catro combinados concentraranse na súa sede habitual de traballo, a localidade de A Estrada; para seguir coa liña marcada na preparación cara os Campionatos de España.
O Pavillón Municipal Manuel Coto Ferreiro recibirá aos catro equipos durante as dúas xornadas marcadas na convocatoria. Serán un total de 60 xogadores convocados que estarán comandandos polos seus seleccionadores e axudantes, ao completo.
Nas listas que remitimos a continuación, refírense osdatos e o club de procedencia dos citad@s. Igualmente, lembramos de novo a programación da temporada para as Seleccións Galegas nestas dúas categorías: infantil e cadete.

Preselección Galega Infantil Feminina: 12 e 13/10/18
Preselección Galega Infantil Masculina: 12 e 13/10/18
Preselección Galega Cadete Feminina: 12 e 13/10/18
Preselección Galega Cadete Masculina: 12 e 13/10/18










