Seguro deportivo

Seguro deportivo
SURNE

 Seguro para a actividade federada correspondente aos MAIORES DE 16 ANOS (JÚNIOR E SÉNIOR)

  • Dirixido a todos os deportistas (xogadores, adestradores, delegados, xuíces e árbitros) que teñan suscrita unha licencia coa Federación Galega de Baloncesto. 
  • Duración: O seguro de accidentes deportivo comenza no momento da validación da licenza e remata o 30 de xuño do ano seguinte.

Ámbito da cobertura

  • Esta póliza de acccidentes deportivos recolle todo o exixido no RD 849/1993 así como unha serie de melloras reflexadas na póliza de cada temporada.
  • Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.
 

Seguro deportivo
XOGADE

Persoas con idade comprendida entre os 6 E 16 anos (ambos inclusive), inscritas nas distintas actuacións do Programa Xogade:

  • A actividade deportiva escolar (incluídos os programas puntuais como “Xogando coa auga e co vento”, “Xogando co atletismo”, “Multixogo 6 a 8”, “Actividades de promoción”…).
  • A actividade federada das federacións adheridas. Deberán ter cumpridos os 6 anos e perderán a condición de asegurados unha vez cumpridos os 17 anos, con independencia da vixencia da póliza, da vixencia da súa licencia ou da actividade practicada.

Ámbito da cobertura

  •  Actividade deportiva escolar:
    Terán cobertura as actividades de Xogade publicadas e os adestramentos supervisados durante o calendario escolar.
  • Actividade federada:
    Terán cobertura os adestramentos supervisados por persoal cualificado e as competicións oficiais organizadas durante a vixencia da
    licenza federativa do deportista e que formen parte dos calendarios de actividade da federación correspondente.

XOGADE - Como actuar!

1. COMUNICAR

No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es.

Precisará o Identificador que está no carné de Xogade.

2. ACUDIR

Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua

3. AUTORIZAR

Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.

1. COMUNICAR

No 881 85 00 87 ou https://partesxogade.es.

Precisará o Identificador que está no carné de Xogade.

2. ACUDIR

Nuns minutos recibirán unha chamada indicando o centro médico no que autorizan a asistencia. Acudir ao centro médico indicado pola mútua

3. AUTORIZAR

Os representantes legais recibirán un SMS cun enlace para autorizar a xestión de datos.

4. ENVIAR

Deberán ENVIAR os informes médicos (tamén o de ALTA) á aseguradora.

Teñen 2 vías:

A entidade (centro educativo, club ou federación) ten 7 días desde a lesión para certificar na aplicación de Xogade.

Contacto para dúbidas, seguimento, queixas:

Para reclamacións formais poderán remitilas á aseguradora SURNE 

SURNE - Como actuar!

1. ASISTENCIA POR URXENCIA VITAL

No caso de URXENCIA VITAL (aquela na que esté en perigo a vida do deportista) poderase acudir ao Hospital/Centro máis próximo. 

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COMPLETO!

2. ASISTENCIA URXENTE

O Deportista que, por motivo dun accidente deportivo requira asistencia URXENTE E INMEDIATA, deberá comunicar á Compañía o seu sinistro e solicitar un centro de Urxencias. 

Existen dúas posibles vías para a apertura do parte de accidente: 

Vía telefónica: 981 941 111. Recolleranse datos do sinistro e a continuación se lle facilitará unha cita preferente en centro concertado.

Vía web: https://centrodeatencionalpaciente.es/ 

Poderá xestionar a comunicación do sinistro. Será contactado á maior brevidade para a asignación de cita médica. 

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COMPLETO!

3. ASISTENCIA NON URXENTE

No caso de que a atención ao deportista non sexa necesariamente inmediata e poida diferirse, deberase xestionar a apertura de sinistro polas canles indicadas (teléfono 981 941 111, ou ben a través da web: https://centrodeatencionalpaciente.es/). 

Asignaráselle cita preferente con médico especialista. 

CONSULTA O PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COMPLETO!