Tras arrincar a tempada en Almería e estrear a súa nova imaxe e o lema de ‘Cancha para todxs’, o Circuito 3×3 CaixaBank 2025 segue o seu calendario. A segunda cita do ano terá lugar este sábado 24 de maio na Praza do Obradoiro de Santiago de Compostela, onde se reunirán os case 300 xogadores e xogadoras dos máis de 50 equipos rexistrados ata o momento, posto ata este xoves pódense recibir inscricións. Xunto a eles estará o embaixador da FEB Javier Beirán, que compartirá a súa experiencia como xogador das Seleccións de 5×5 e 3×3. Unha segunda parada dunha tempada que espera ser a máis participativa da historia e que visitará un total de 10 cidades ata finais do próximo mes de outubro.
A parada de Santiago de Compostela foi presentada oficialmente este martes 20 no Concello da cidade, nun acto no que participaron todas as institucións que fixeron posible a chegada do Circuito 3×3 CaixaBank 2025 a Santiago. A organización do circuíto, por parte da Federación Española de Baloncesto e CaixaBank, contou coa indispensable colaboración do Concello de Santiago de Compostela e da Federación Galega de Baloncesto.
Durante o acto de presentación, Pilar Lueiro, Concelleira de Deportes de Santiago de Compostela, mostrou a súa satisfacción porque “o sábado traemos a Santiago unha xornada de deporte e diversión, con obxectivo de estender a práctica do baloncesto 3×3. E, apoiándonos e apoiándose no concepto ‘Cancha para todxs’ do circuíto, promovemos a práctica deportiva sen condicionar a idade, xénero ou condición física das persoas que participan. A xornada contará con iniciativas dirixidas a persoas maiores, incluíndo actividades de fomento do envellecemento activo, xogos e actividades para familias, facendo que todas as persoas poidan vir divertirse á Praza de Obradoiro”.
Pola súa banda, María Jesús Piñeiro, Directora de institucións de CaixaBank, destacou que “para nós é un pracer traer a Santiago o maior circuíto de baloncesto 3×3 gratuíto e ao aire libre de España. Trátase dunha auténtica xornada de festa á que animamos a participar a todos os amantes do baloncesto. Ademais, como en todas as actividades nas que se implica CaixaBank, o circuíto 3×3 estará salpicado de numerosas iniciativas solidarias. É unha oportunidade que non se pode desaproveitar”.
Mentres que a Federación Galega de Baloncesto, a través da súa Directora Xeral, Susana Fernández, confirmou a presenza de Javier Beirán na xornada do sábado, “para a que xa se inscribiron 50 equipos e case 300 participantes, aínda que a inscrición está aberta ata o mércores”. Por último, Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, agradeceu “todos os anos do compromiso de CaixaBank co baloncesto”, e aproveitou para poñer en valor a modalidade de baloncesto 3×3 porque “creo que o 3×3 superou ao baloncesto 5×5 nunha cousa fundamental como é o comportamento, a camaradería e o compañeirismo que se vive nesta modalidade. Por iso apostamos firmemente por ela e imos gozar o sábado dunha oportunidade impresionante para demostrar que no 3×3 non hai malos rolos, soamente hai alegría, ganas de gozar e de xogar ao baloncesto”.
Novo Circuito 3×3 CaixaBank
Este ano, o maior circuíto de baloncesto 3×3, gratuíto e ao aire libre de España pasa a chamarse Circuito 3×3 CaixaBank e estrea logo para acompañar á súa nova nomenclatura. Esta novidade nace por mor do éxito de participación que, ano a ano, conseguiu a tradicional ‘Praza’. Agora, coa nova tempada, darase un novo impulso social profundando no valor solidario e inclusivo do circuíto para chegar a todo tipo de participantes, sen rumbos de ningún tipo.
Neste contexto nace o lema ‘Cancha para todxs’. Co propósito de incrementar as actividades que transcenden á competición deportiva e ampliar a oferta ao público xeral. Así, haberá novas iniciativas dirixidas aos máis maiores, con adestramentos específicos para fomentar o envellecemento activo, xogos e actividades nas pistas para as familias e os visitantes locais. ‘Cancha para todxs’ reflectirá, parada a parada, como o deporte é unha ferramenta de aprendizaxe de valores a partir do xogo e a diversión.
O carácter inclusivo do circuíto, que impulsa a participación de todos sen sesgos de ningún tipo, seguirá sendo un protagonista na nova edición do Circuito 3×3 CaixaBank. Por iso, cada parada contará cun torneo de Baloncesto en Cadeira de rodas (BSR) e ofrecerá actividades de exhibición para sensibilizar á sociedade. E a Pista “Universo Muller Baloncesto”, escenario das finais femininas de cada cita, segue sendo un dos puntos fortes do circuíto para impulsa a práctica do baloncesto por parte de nenas e novas.
Nesta edición consolídase a iniciativa ‘Tripla Solidaria’, que de man de CaixaBank volverá chamar á cidadanía para marcarse unha Tripla por unha causa. Da man de Fundación “La Caixa”, toda tripla anotada durante a competición deportiva por categorías e polo público sumará para recadar fondos para fins sociais. No caso De Santiago, irán destinados á Fundación Andrea, cuxa finalidade básica é a atención e o apoio económico, moral, informativo ou de calquera outra natureza, ás familias que, contando con escasos recursos económicos tiñan que coidar aos seus fillos nas enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais, que estes poidan padecer, facilitándolles solucións e axudas áxiles ante situacións de carencias inmediatas. Con esta iniciativa, todos os participantes rexistrados e os visitantes que se acheguen ao Circuito 3×3 CaixaBank poderán lanzar a canastra nun espazo dedicado co reto de anotar polo menos 1.000 triplas e poñer o seu grao de area a favor dos colectivos máis necesitados.
O Circuito 3×3 CaixaBank 2025 poderase seguir en todos os seus detalles a través da páxina http://www.feb.es/circuito3x3.aspx










