Río Breogán e Leyma Coruña ofreceron este domingo 22, no Pazo dos Deportes de Lugo, unha final á altura da 38 edición da Copa “Xunta de Galicia”. Encontro competido e moi desfrutado polas dúas afeccións, que viviron con intensidade un novo derby galego para a Liga Endesa.
Baixo a organización da Asociación Xuvenil Sagrado Corazón, a competición por excelencia do Baloncesto Galego corou, por decimoquinta vez, a Río Breogán, auténtico protagonista do Palmarés Copeiro.
Copa “Xunta de Galicia”
Final – 22/09/24. 18:00 h
Río Breogán – Leyma Coruña Ferrol (96 – 81)
MVP: Jordan Sakho (Río Breogán)
















