
O Programa de Tecnificación FGB viaxa este domingo, 4 de maio, a unha localización especial na que se está a traballar de xeito recente en intensificar o apoio federativo ás categorías base, sempre baixo o seguimento e control da área deportiva FGB.
Referímonos á Zona da Mariña Lucense, que elixindo desta volta a vila de Ribadeo, volve a ser centro de atención para o traballo de tecnificación coas categorías Minibasket e Preminibasket.
Nesta liña, no Pavillón Municipal desta localidade, inaugurado o pasado mes de marzo; están citados xogadores e xogadoras nados nos anos 2002, 2003, 2004 e 2005 para ser obxecto de dúas diferenciadas sesións de adestramento baixo o seguinte plan:
Delegación en Lugo (A Mariña. Ribadeo) – 04/05/14
Categoría: Minibasket e Preminibasket (2002, 2003, 2004 e 2005)
Sede
Pavillón Municipal de Ribadeo
Horario
Preminibasket Masculino e Feminino 2004 e 2005: 11:00 h a 12:30 h
Minibasket Masculino e Feminino2002 e 2003: 12:30 h a 14:00 h












