
Real Club Celta Selmark e Peleteiro, campioas e subcampioas galegas júnior, respectivamente; comezan este domingo a súa andaina no Campionato de España de clubs desta categoría (Sede: Guadalajara. Data: do 10 ao 16 de maio). Inmersos en dous grupos de xogo exixentes, ambos equipos amosarán na fase previa, como xa o fixeron ao longo de toda a liga regular autonómica, o seu mellor nivel competitivo. Sorte!
Non esquecer tampouco que a representación galega non virá só da man dos clubes. Por parte do Comité Galego de Árbitros participan en Guadalajara os colexiados Cristina García e Jaime Álvarez.
Campionato España Club Júnior Feminino – 1º Xornada Fase Previa (10/05/15)
GRUPO “B”: Plasencia – Miralvalle “A”, CDB Grupo 76 – Alkasar, Peleteiro e Aros ULE
(20:00 h) Plasencia Miralvalle “A” – CDB Grupo 76 Alkasar (67 – 50)
(18:00 h) Peleteiro – Aros ULE (41 – 71)
GRUPO “E” : CD Basket Mar Grupo, Real Club Celta Selmark, Perfumerías Avenida e Valencia BC
(10:00 h) CD Basket Mar Grupo – Real Club Celta Selmark (39 – 60)
(12:00 h) Perfumerías Avenida – Valencia BC (36 – 79)










