PROMOCIÓN GS360play – VEO Technologies: Ata 600€ de desconto para CLUBS en Veo Cam

Xa podemos compartir con vós as vantaxes que o noso novo partner GS360 Play ofrece aos clubs “FEGABA” para sumarse a súa innovadora plataforma de streaming para o Deporte Galego. 
 

Desde hoxe, poderedes gozar dun desconto de 600€ sobre VEO Cam 3 coa compra dos diferentes produtos: Cámara VEO3, Trípode, Subscrición Team ou Club e Veo Live. É a oferta perfecta para aqueles clubs que buscan subir o nivel das súas gravacións. E iso non é todo, inclúe o servizo gratuíto de retransmisión na plataforma GS360Play.

Con VEO Live + a canle do teu club en GS360play poderás retransmitir os teus partidos en directo á plataforma GS360play de forma sinxela, combinando a tecnoloxía de Intelixencia artificial máis avanzada cos procedementos que permiten ter unha usabilidade única e unha solución de produción ao alcance de todos.

DETALLES DA OFERTA

● 600€ de desconto en calquera compra ao contratar:

● Veo Cam 3

● Trípode

● Suscrición Team o Club

● Función Live Streaming

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias