
A Área deportiva FGB mantén activo, fin de semana tras fin de semana, o seu programa de tecnificación, articulando diferentes convocatorias con características específicas segundo a zona.
A Delegación en Vigo será este domingo, 17 de febreiro. a encargada de dar continuidade a este propósito, poñendo en marcha un novo Centro de Tecnificación dirixido, neste caso, a un amplo abano de categorías: premini, mini, infantil e cadete. A cita será na localidade de Ponteareas, no Pavillón Álvaro Pino, repetindo este como sede para o Programa de Tecnificación.
Confiando en congregar de novo a unha importante cifra de xogadores e xogadores en formación, os datos completos deste novidoso CETI de promoción son os seguintes:
Delegación en Vigo (Ponteareas) – 17/02/13
Categoría
Preminibasket, Minibasket, Infantil e Cadete. Masculina e Feminina.
Sede
Pavillón Álvaro Pino (Ponteareas)
Horario
de 11.00 h a 13.00 h para todas as categorías.












