
As Delegacións Zonais de Ferrol e Vigo abren este domingo, 10 de marzo; sendas convocatorias que abranguen diferentes categorías en cada caso. O Plan de traballo para cada unha delas, do que, por suposto convidan á participar aos xogadores e xogadoras da súa zona, é o seguinte:
Delegación en Ferrol (Ferrol) – 10/03/13
Categoría
Infantil Masculina e Feminina (2000)
Sede
Pavillón CEIP Esteiro
Horario
Infantil Masculino: 16.30 h a 18.00 h
Infantil Feminino: 18.00 h a 19.30 h
Delegación en Vigo (Ponteareas) – 10/03/13
Categorías
Preminibasket (2003 e 2004). Minibasket (2002). Infantil e Cadete. Masculinas e Femininas.
Sede
Pavillón Álvaro Pino
Horario
de 11.00 h a 13.00 h para todas as categorías.












