A Federación Galega de Baloncesto remite Acta – 08/02/23 da Xunta Electoral FGB tras a celebración da Asemblea Xeral para a Elección de Presidente e Comisión Delegada.
Na indicada acta refírese o proceso de eleccións á Presidencia vivido na Asemblea Xeral celebrada este mércores, 8 de febreiro; e que outorgou a mesma, de xeito provisional; a Julio Bernárdez. Así mesmo, remítense tamén os resultados das eleccións de seis membros da Comisión Delegada FGB, resultando escollidos:
Estamento de Clubs: CB Val de Lemos Porriño Baloncesto Base e EDM Estradense.
Estamento de Deportistas: Jose Antonio Vázquez Vázquez.
Estamento de Adestradores: Javier Cotelo Rama.
Estamento de Árbitros e Xuíces: Jaime Álvarez – Ossorio Varela












