Proceso Electoral FGB 2026: Cita coas eleccións á asembleístas no estamento de adestradores

A Federación Galega de Baloncesto acomete o luns, 7 de setembro, un paso importante no marco do Proceso Electoral 2026. Nesta data celebramos as votacións para a Elección de Asembleístas polo estamento de adestradores/as, acción rexistrada no calendario e no regulamento aprobados para este proceso.

A votación realizarase de 15:30 h a 19:30 h de xeito ininterrompido. Todos os electores e electoras chamados ás urnas no ámbito deste estamento deberán votar na sede da delegación que lles corresponda, segundo o establecido no Regulamento Electoral. Lembramos que para poder exercer o seu dereito a voto deberán acudir provistos do D.N.I. a efectos da súa identificación.

As mesas electorais estarán ubicadas nas sedes físicas habituais de cada delegación, coa seguinte excepción:

Delegación de Arousa: sede para as votacións – Auditorio de Vilagarcía.

Todos os detalles e requirimentos deste proceso, tanto para os electores como para o propio funcionamento das mesas electorais, poden consultarse polo miúdo no Regulamento Electoral FGB.

Calendario Electoral FEGABA 2026

Regulamento Electoral FEGABA 2026

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram