Deporte Galego

Proceso Electoral FGB: importante modificación no calendario electoral

  • 14 Octubre 2022 |

A Federación Galega de Baloncesto, tras recepción de acta 13/10/22 da Xunta Electoral das Eleccións a Asembleístas, Presidente e Comisión Delegada 2022; publica un NOVO calendario electoral, aprobado e selado pola Xunta de Galicia, e con importantes modificacións.

O traslado deste novo Calendario responde á resolución emitida pola Secretaría Xeral para o Deporte (SXD) e notificada á Xunta Electoral no día de onte, 13 de outubro; mediante a cal se corrixe un erro observado na resolución previa da propia SXD datada o 11 de outubroNesta liña, en virtude da resolución definitiva, a Secretaría Xeral para o Deporte aproba a modificación do calendario electoral da Federación Galega de Baloncesto fixando unha nova data para a xornada electoral: o 28 de novembro de 2022.

Voto por correo

A Xunta electoral FGB comunica tamén a través da presente acta importantes puntos respecto ao voto por correo, cuxo prazo para a súa SOLICITUDE iníciase dende xa mesmo: 14 de outubro.

Solicítase lectura detida tanto do novo Calendario como das propias Acta 13/10/22 da Xunta Electoral e resolución da Secretaría Xeral para o Deporte.

Acta Xunta Electoral 13/10/22

Resolución SXD 13/10/22

Calendario Electoral FGB - 13/10/22

volver arriba

Colaboradores Institucionales

 Concello de Santiago LOGO NON  Captura de pantalla completa 30032016 181327  158573631 3698522630239682 385709146731840444 n concello novo  Captura de pantalla completa 28042016 194652    dgan
lugo

logo-deputacion-ourense

 

logo DEPUTACION PONT Deputación da Coruña logouvigo
 

 


   

Colaboradores FGB

  balon oficial 

gadis