Cumprindo o Calendario Electoral oficial para estas Eleccións FGB 2022, publícanse os “Censos Electorais Provisionais”.
O acceso a estes Censos Provisionais debe realizarse de dúas formas segundo a categoría a consultar:
• Para os censos relativos aos estamentos de Técnicos, Árbitros e Xogadores a consulta debe tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN (na pestana CENSO) mediante indentificación previa
• O censo relativo a Entidades Deportivas consultarase no documento que achegamos.
Reclamacións
Será posible realizar reclamacións a estos Censos Provisionais. Estas deberán realizarse, tal e como marca o calendario electoral, como prazo máximo, ata as 14:00 h do 18 de xullo de 2022.
As persoas físicas que desexen realizar presentacións de aclaracións, rectificacións ou reclamacións deben facelo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) mediante escrito remitido á xunta electoral, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, a emenda ou corrección do censo.
Pola súa banda, as Entidades Deportivas que o desexen poden solicitar que figure como representante da mesma e como votante unha persoa distinta ao presidente, sempre que sexan directivos desa mesma entidade.