Achegamos información e documentos precisos para a consulta dos Censos Iniciais para o Proceso Electoral FGB 2022.
Consultas
O acceso aos Censos Iniciais FGB debe realizarse de dúas formas segundo a categoría a consultar:
- Para os censos relativos aos estamentos de Técnicos, Árbitros e Xogadores a consulta debe tramitarse a través da seguinte LIGAZÓN mediante indentificación previa.
- O censo relativo a Entidades Deportivas pode consultarse no documento pdf que achegamos.
Reclamacións
- As persoas físicas que desexen realizar presentacións de aclaracións, rectificacións ou reclamacións aos censos deben facelo vía mail (Esta dirección de correo electrónico está siendo protegida contra los robots de spam. Necesita tener JavaScript habilitado para poder verlo.) mediante escrito remitido á xunta directiva, que valorará os escritos presentados procedendo, no seu caso, a emenda ou corrección do censo inicial.
- As Entidades Deportivas que o desexen poden solicitar que figure como representante da mesma e como votante unha persoa distinta ao presidente, sempre que sexan directivos desa mesma entidade.
- A data para realizar as actuacións e reclamacións que previamente indicadas remata o 16 de marzo de 2022.
Decreto
Remitimos tamén para a súa consulta o DECRETO 171/2021, do 23 de decembro, no que se establecen as bases e os criterios definitivos para a elaboración dos Censos e Regulamentos que deben rexer a realización dos procesos electorais nas federacións deportivas galegas.