
Aumenta o ritmo de preparación deportiva para as preseleccións galegas. A presenza dos nosos combinados infantís no Torneo “Ciudad del Caballero”, na localidade vallisoletana de Olmedo inicia esta mesma fin de semana o seu camiño cara o Campionato de España de Seleccións 2017.
En compañía das Seleccións de Asturias e Castilla León, anfitrioa ésta última Comunidade, as preseleccións infantís tomarán parte desta cita amigable a celebrar este sábado e domingo, 29 e 30 de outubro; no denominado polideportivo municipal “Lope De Vega”.
Os xogadores e xogadoras que dirixen Ricardo Aldrey e Nacho Silva, respectivamente; afrontarán un calendario que lles permitirá medir forzas ante dous rivais que, sen dúbida, poden atopar de novo na cita nacional.
A referencia e composición de ambas as preseleccións galegas para este torneo amigable poden consultarse nas convocatorias que se achegan.
Torneo Infantil de Seleccións Autonómicas Olmedo “Ciudad del Caballero” – Calendario
Sábado – 29/10/16
(17:00 h) Asturias – Galicia (masculino)
(19:00 h) Asturias – Galicia (feminino)
Domingo – 30/10/16
(10:30 h) Galicia – Castilla y León (masculino)
(12:30 h) Galicia – Castilla y León (feminino)
(16:30 h) Castilla y León – Asturias (masculino)
(18:30 h) Castilla y León – Asturias (feminino)
Preselección Galega Infantil Feminina: 29-30/10/16
Preselección Galega Infantil Masculina: 29-30/10/16










