
A vindeira fin de semana o Pazo dos Deportes de Lugo acollerá a Fase Final da XXIX Copa Galicia Senior Masculina, un dos eventos máis importantes do baloncesto galego. Nesta cita deportiva contarase coa participación de Ribeira Sacra Breogán -como anfitrión-, Río Natura Monbús Obradoiro, Leyma Básquet Coruña e o vencedor do encontro previo entre Xuven Cambados e Ourense Baloncesto.
C.B. Breogán e Federación Galega de Baloncesto presentaron este martes a 29 edición desta Fase Final, unha acto que correu a cargo do presidente do CB Breogán, Antonio Veiga, o vicepresidente da Federación Galega de Baloncesto, José Manuel Villamarín, e o director de área de negocio de “la Caixa” en Lugo, José Manuel López.
Os tres coincidiron na importancia do evento e no nivel competitivo de todos os seus equipos participantes, polo que animaron aos afeccionados a achegarse a fin de semana a Pazo dos Deportes a gozar do que será un importante aperitivo para as respectivas competicións ligueiras dos equipos galegos de máximo nivel.

(Foto: C.B. Breogán)
O sábado día 13 será o día das semifinais cun atractivo Ribeira sacra Breogán Leyma Básquet Coruña ás 18:00 horas e unha segunda semifinal entre o Río Natura Monbús Obradoiro e o vencedor do encontro previo que enfrontará mañá, mércores 10, a Xuven Cambados con Club Ourense Baloncesto.
O domingo 14 será a gran final, marcada para ás 13:00 horas e coa presenza das cámaras da Televisión de Galicia en directo.
As entradas e bonos para a Fase xa se atopan á venda nas oficinas do CB Breogán no Pazo dos Deportes de Lugo cos seguintes prezos:
BONOS PARA DÚAS XORNADAS:
-ADULTO (>18): 15 €
-INFANTIL (<18): 10 €
ENTRADAS POR XORNADA:
-ADULTO (>18): 10 €
-INFANTIL (<18): 8 €
ENTRADA GRATUITA PARA MENORES DE 6 ANOS










