As preseleccións galegas infantís, as primeiras en debutar en torneo oficial. A vindeira fin de semana, 19 e 20 de novembro; os nosos dous combinados infantís darán un paso máis na súa preparación de cara ao Campionato de España afrontando os seus primeiros duelos ante outras selección autonómicas.
A cita terá lugar na localidade asturiana de Pola de Lena, baixo a organización da Federación Autonómica e baixo a denominación VI Torneo Puerta de Asturias. Na mesma contarase tamén coa presenza de Euskadi e Castilla León.
Galicia disputará tres encontros en categoría masculina e dous cara a cara ante Asturias en feminina. Estes cinco partidos iniciarán a recta final rumbo a un Campionato de España que agarda no mes de xaneiro do 2023.
VI Torneo Puerta de Asturias
SÁBADO – 19/11/22 – Polideportivo Municipal Pola de Lena
Categoría Masculina
(17:45 h) Galicia – Castilla León (88 – 92)
Categoría Feminina
(17:30 h) Asturias – Galicia (*Colexio Palacio de Granda)
DOMINGO – 20/11/22 – Polideportivo Municipal Pola de Lena (43 – 78)
Categoría Masculina
(11:45 h) Asturias – Galicia (41 – 84)
(16:30 h) Euskadi – Galicia (51 – 102)
Categoría Feminina
(11:45 h) Asturias – Galicia (24 – 69)










