
Esta rolda final da competición FGB Júnior feminina celebrarase este sábado, 29 de abril; poñendo en xogo o subcampionato galego e un total de dúas prazas no Campionato de España de clubs da categoría.
Real Club Celta Zorka, como campión autonómico nesta 2016 – 2017 e clasificado directamente para o nacional, agarda coñecer o nome dos dous equipos que o acompañarán neste broche de ouro da temporada.
Porta XI Ensino será o encargado de organizar a Fase Final A4 FGB Júnior Feminina tras a concensión da mesma por parte do Comité de Actividades FGB.
O equipo lucense, 2º clasificado tras a liga regular; recibirá no Pazo provincial dos Deportes a Peleteiro (3º), Estudiantes Lugo (4º) e Cibertienda CLB (5º) baixo o seguinte calendario:
Final A4 FGB Júnior Feminina – 29/04/17 (Organiza: Porta XI Ensino (Lugo)
Semifinal 1:
PELETEIRO – ESTUDIANTES LUGO LEYMA NATURA (Y) (Hora:10:00)
Campo: PAZO PROVINCIAL DEPORTES
Semifinal 2:
DURAN MAQUINARIA ENSINO – LA CIBERTIENDA CLB (X) (Hora:12:00)
Campo: PAZO PROVINCIAL DEPORTES
Final:
GAÑADOR X – GAÑADOR Y (Hora:18:00)
Campo: ANEXO
Os tres encontros poderán seguirse ademáis en directo vía FEGABATV.










