
Federación Galega de Baloncesto e Concello de Pontevedra unen as súas forzas de novo. A entidade federativa e administración local asinaron este xoves, 15 de marzo; o acordo de colaboración en virtude do cal a cidade do Lérez acollerá o vindeiro mes de xuño o Campionato de España de clubs Infantil Feminino.
Deste xeito, dos días 10 a 16 do indicado mes de xuño, Pontevedra reunirá a máis de 500 participantes en torno a unha cita que potenciará o carácter do baloncesto base feminino na cidade e na Provincia, dinamizando igualmente o tecido social da zona.
O Campionato de España Infantil Feminino, que recalará por terceira ocasión en Pontevedra tras as positivas experiencias dos anos 2014 y 2015, concentrará nas sedes CGTD, Pavillón de Deportes Universitario e a instalación deportiao do Príncipe Felipe aos 32 mellores equipos do país na categoría protagonista.

O alcalde pontevedrés, Miguel Anxo Fernández Lores; e o Presidente FGB, Francisco Martín, rubricaron este acordo en presenza tamén da concelleira de Deportes, Anxos Riveiro, e da adestradora pontevedresa do Club Baloncesto Arxil, Maite Méndez, club que, por suposto; será imprescindible para a organización deste nacional. En conxunto, remarcaron a sensación de optimismo por afrontar un novo reto deportivo que volverá a remarcar o valor de Pontevedra como motor deportivo.










