
A Federación Galega de Baloncesto celebra este sábado, 14 de xuño, a súa cita anual coa Asemblea Xeral, data que marca o remate oficial da temporada.
Esta reunión, para a que están convocados en tempo e forma os Asembleístas FGB, terá lugar en Santiago de Compostela, no Hotel Congreso, ás 16.00 horas en primeira convocatoria e ás 16.30 horas en segunda.
A orde do día que presenta esta edición 2014 da Asemblea Xeral FGB é a seguinte:
Reconto dos Membros presentes.
Aprobación acta sesión anterior.
Informe do Presidente.
Modificacións dos Regulamentos Xeral e Disciplinario da FGB para a temporada 2014 – 2015, aprobados pola Comisión Delegada.
Aprobación das Normas para as Competicións Oficiais da FGB para a temporada 2014/15, aprobados pola Comisión Delegada.
Contas Anuais e liquidación do Orzamento do Exercicio 2013.
Aprobación do Orzamento do Exercicio 2014.
A ratificación dos Comités de Competición e Apelación para a temporada 2014 – 2015 porán o peche un ano máis a Asemblea Xeral.










