Paula Lema e Guillermo Ríos, directos á Final Four da Liga LEB Ouro

Os colexiados CGAB, Paula Lema e Guillermo Ríos, estarán na Final Four da Liga LEB Ouro. A Federación Española de Baloncesto comunicou este mércores, 7 de xuño; as designacións completas para esta fase final, que se celebrará en Burgos os vindeiros 17 e 18 de xuño.

Con Paula e Guillermo, completan o cadro de colexiados para esta Fase Final Four.

Angel De Lucas De Lucas

Igor Esteve Malmierca

Enrique López Herrada

Sandra Sánchez González

Francisco Zafra Guerra.

Como comisarios participarán Javier Castillo Centeno e Ángel Pérez Bergua.

A competición poderá seguirse de xeito íntegro e en directo a través de LaLigaSportstv.com

Enviar os nosos parabéns a Paula e a Guillermo, que teñen ante si un novo e importante reto que, deportivamente, pon en xogo a unha praza de ascenso a Liga Endesa.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram