As Finais A4 da Liga Galega Júnior Masculina e Feminina dispútanse esta fin de semana na cidade olívica, cos primeiros títulos galegos da tempada e 2 prazas para os Campionato de España en xogo en cada categoría.
Liga Galega Júnior Masculina

Organizada polo CB Novobasket, a Final Four masculina terá como sede o Pavillón Quirós. Os catro equipos clasificados son: Tifón Muebles Novobasket, Obradoiro Peleteiro, Cafés Candelas e Básquet Coruña U18.
Liga Galega Júnior Feminina

Pola súa parte, a Final Four feminina, organizada polo CD Bosco, disputarase no Pavillón de Navia. Participan: Celta Femxa Zorka, Seis do Nadal – Coia, BAXI Ferrol Serantes Intalaciones e Cafés Candelas.
En ambas categorías están en xogo os primeiros títulos galegos da tempada, así como as prazas de clasificación para o Campionato de España Júnior.
Toda a competición poderá seguirse en directo a través de FEGABA TV e na nosa App “Afección FEGABA”.










