
O Comité Galego de Árbitros permanece involucrado de cheo na preparación dos colexiados galegos, un total de 11, que están designados para os Campionatos de España de Seleccións Autonómicas e de Clubs nesta última fase da temporada 2013 – 2014.
Co obxectivo de clarificar conceptos e traballar con eles os diferentes aspectos técnicos que estas citas nacionais requiren, o CGAB congregounos este martes, 8 de abril, en Compostela para, na pista do Pavillón Lamas de Abade, levar a cabo un completo adestramento.
O repaso ás cuestións de normativa, regulamento e técnica máis importantes protagonizaron este encontro dirixido polo Director Técnico CGAB, Miguel Ángel Pérez.

O colexiado internacional, responsable directo de todos eles, compartiu pista cos nosos 11 representantes, dispostos a afrontar cada Campionato como una nova experiencia formativa e enriquecedora
A continuación remitimos a lista completa dos 11 designados:
Campionato de España de Selección Autonómicas Minibasket (San Fernando, 12-16/04/14)
Diego Collazo Varela
Julián Feijoo Barbeito
Campionato de España de Selección Autonómicas Infantil (Zaragoza, 16 – 20/04/14)
Adrián López Folgueiras
Roi Rilo Antelo
Guillermo Ríos Marcos
Campionato de España Clubs Júnior Masculino (Marín e Pontevedra 04-10/05/14)
Pablo Cuenca García
Diego Ortega García
Campionato de España Clubs Júnior Feminino (Guadalajara, 11-17/05/14)
Paula Lema Parga
Campionato de España Clubs Infantil Feminino (Pontevedra, 15 – 21/06/14)
Manuel Andrés Seijo
Guillermo Ríos Marcos
Campionato de España Clubs Infantil Masculino (Cambados – Salnés , 15-21/06/14)
Jaime Álvarez Ossorio
Saray Fornos Meizoso












