
Os Cursos de Adestradores de Nivel I e II, que se están a celebrar esta semana en Compostela, contaron na mañá de hoxe cunha visita moi especial, a do Vicepresidente Primeiro da Federación Galega de Baloncesto, e responsable directo da Área de Adestradores da FGB, Alberte Zato.
O Directivo FGB quixo saudar en persoa ao total dos 66 alumnos que nesta temporada que xa remata están a afrontar este proceso formativo, específico para seguir crecendo como adestradores e avanzar cara a titulación superior.
Zato dirixiuse en primeira instancia aos alumnos de primeiro nivel no descanso das súas clases con Miguel Ortega. A eles o Vicepresidente Primeiro da FGB remarcoulles a ledicia da Federación pola alta participación que se rexistra este ano nesta cita e, á súa vez, felicitounos por ser parte importante do “futuro do noso baloncesto”.
![]() |
![]() |
Os alumnos de segundo nivel recibiron tamén o apoio de Alberte Zato. En plena xornada de exames, e ben concentrados nesta tarefa, escoitaron atentos as súas verbas, nas que trasladou de novo os seus parabéns aos presentes por animarse a continuar formándose como técnicos.
O Vicepresidente Primeiro non quixo abandonar o Colexio Cluny, sede dos cursos, sen agradecer á dirección do colexio a cesión das instalacións para o desenvolvemento dos mesmos. E precisamente nestas aulas do centro educativo santiagués as clases estenderanse ata o domingo, data na que pechar unha nova edición dos cursos coas probas teóricas definitivas.














