
O “V Claustro Docente FGB”, celebrado o pasado mes de xuño na vila de Marín, e orientado a Adestradores; chega á carta de contidos da canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube, Fegabatv.
Nesta plataforma, e desde hoxe mesmo, poderanse consultar as intervencións dos catro técnicos que tomaron parte deste Claustro, actividade referente xa para a formación de adestradores FGB.
A primeira das ponencias en estar activa para o seu visionado é a de Jota Cuspinera, adestrador do Montakit Fuenlabrada na Liga Endesa; centrando a mesma nos “Espacios e distancias no xogo dinámico”.
A programación completa deste “”V Claustro Docente FGB” estará disponible en vindeiras datas, respectando o seguinte calendario:
Miguel Ángel Ortega: (Adestrador Perfumerías Avenida. Liga Feminina) “Empezar a Defender” – 08/11/16
Javier Llorente (Adestrador Marín Ence Peixe Galego. LEB Oro): “Construcción ofensiva: do simple ao efectivo” – 11/11/16
Tito Díaz (Adestrador Leyma Basquet Coruña. LEB Oro): “Ataque a Zonas: reacción e respostas” – 15/11/16












