- A segunda edición do Torneo Jr. NBA/ Jr WNBA FEB 3×3 elixe Ourense como unha das súas tres sedes en España.
- A presenza en Galicia desta cita conta coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto e a Deputación de Ourense.
- 300 rapaces de categoría Sub12 desfrutarán do baloncesto 3×3 vinculando a experiencia ao universo NBA/WNBA.
O Pazo dos Deportes “Paco Paz” acollerá o vindeiro 10 de maio o Torneo Jr. NBA/ Jr. WNBA FEB 3×3, programa presentado por Kellogg´s e que NBA e Federación Española de Baloncesto desenrolan a nivel nacional.
Coa colaboración da Federación Galega de Baloncesto (FEGABA) e a Deputación de Ourense, a cidade das Burgas vivirá un torneo configurado por un total de 60 equipos 3×3, 30 en categoría feminina e 30 en masculina, identificándose cada equipo coas cores, logo e nome das 30 franquicias NBA.
A participación está aberta para nenos e nenas de 12 anos ou menos, sexan ou non federados. Cada equipo deberá contar cun mínimo de tres xogadores e máximo de cinco, así como cun responsable maior de idade.
Draft
O Torneo contará Co seu propio Draft Jr. NBA/ Jr. WNBA FEB 3×3. Este celebrarase o vindeiro 2 de abril en Madrid, e nel sortearanse os emparellamentos de cada equipo coas franquicias NBA, vencellando así aos xogadores e xogadoras máis novos ao universo e ao talento do mellor baloncesto internacional.
Inscrición
A inscrición dos equipos nesta cita ourensá pode tramitarse dende este venres, 14 de marzo; a través de FORMULARIO WEB.
Jr. NBA / Jr. WNBA FEB
Jr. NBA/Jr. WNBA é o programa global de baloncesto xuvenil da liga para mozos e mozas que ensina as habilidades fundamentais, así como os valores fundamentais do xogo (traballo en equipo, respecto, determinación e comunidade) para axudar a crecer e mellorar a experiencia do baloncesto xuvenil de xogadores, adestradores e pais.










