O Premio “O Baloncesto Educa” toma impulso no remate da temporada 22 – 23

O Galardón “O Baloncesto Educa”, impulsado no pasado mes de maio da man de Seis do Nadal Coia para pasar a formar parte da campaña FGB “O Baloncesto Educa”; convértese en peza clave neste remate da temporada. O mesmo, gratificou nos últimos Campionatos Galegos celebrados a aqueles equipos que durante as competicións en xogo destacan pola súa deportividade, e pola transmisión de valores.

Os seus premiados máis recentes, o propio CB Seis do Nadal Coia e o CBM Oleiros recolleron o seu recoñecemento nas Fases Finais Minibasket e Preminibasket, celebradas esta fin de semana pasada en A Estrada.

Chema González, Presidente de CBM Oleiros; e Iria Otero e Sergio González, Presidenta e Responsable deportivo do CB Seis do Nadal Coia; recibiron os seus galardóns de mans de Darío Méndez; Director Deportivo FGB; e Julio Bernárdez; Presidente FGB. Todos compartiron a necesidade de ser aliados no camiño do fomento dos valores a través do deporte e no impulso da tolerancia cero ante condutas negativas ou violentas.

Palmarés “O Baloncesto Educa”

Nesta temporada 22 – 23  xa se forxaron as bases no palmarés deste premio. Así, tamén o recibiron:
CBBA 010 (U13) e Campus Alex Llorca (U15) no Campionato Galego 3×3 U13 – U15; CB Santa Baia no Campionato Galego de Clubs 3×3 U17; e Franciscanas de Lugo no Torneo de Minibasket 2023 “Concello de Vigo” organizado polo Club Baloncesto Seis do Nadal – Coia.

Agradecer a todo os clubs premiados, aos seus xogadores e xogadoras e ás familias, contribuir a estender a mellor das actitudes nas pistas. Con este compromiso, este premio e a propia campaña “O Baloncesto Educa” seguirá crecendo na vindeira temporada!

 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram