
O circuíto Praza 3×3 organizado pola FEB e co apoio de CaixaBank e Federación Galega de Baloncesto chegou este sábado a Santiago na súa duodécima parada do ano. A mítica praza compostelá, encheuse para vivir o evento de referencia do baloncesto 3×3 en España. Preto de 500 xogadores, e uns 7500 asistentes déronse cita para gozar ao lado máis lúdico do deporte da canastra .
O embaixador do evento foi a lenda do baloncesto español e galego, Fernando Romay, que dirixiu un clinic onde amosou distintas habilidades do xogo e organizou diferentes concursos para os asistentes, incluído os peregrinos que viron como o seu camiño acababa na festa do baloncesto.
(Info: Federación Española de Baloncesto) Santiago foi sede da maior festa do baloncesto en España durante a xornada do sábado. A cidade volcouse coa chegada do Praza 3×3 cun público totalmente entregado e disposto a gozar dun ambiente lúdico e festivo. O día vivido na Praza do Obradoiro foi un espectáculo baloncestístico para todos os públicos.
A xornada empezou ás 10:00h cos primeiros encontros da competición 3×3 e seguiu cos concursos e o clinic de Fernando Romay. O evento terminou ao redor das 20:00 h coa disputa das finais na Pista CaixaBank e a entrega de premios aos equipos ganadores, onde estivo presente o Xerente da Fundación Deporte Galego, Javier Rico.
Durante o día, as zonas máis concorridas foron a Pista CaixaBank e a Pista Universo Muller, onde se fixeron todo tipo de concursos propostos pola organización. Durante todo o evento contouse coa colaboración dos voluntarios da FEB, CaixaBank e Tiro Libre SCQ que contribuíron a que a xornada sexa todo un éxito.
O EMBAIXADOR: Fernando Romay
A estrela que representou o baloncesto español foi Fernando Romay, xogador internacional medalla de prata nos JJOO dos Anxos 84 e campión de Europa co Real Madrid. Fernando desatou a tolemia entre os presentes da Pista CaixaBank e dirixiu un clinic e organizou unha serie de concursos para o goce de todos os asistentes.
O público galego non quixo deixar pasar a oportunidade de levarse un recordo da lenda, que estivo asinando autógrafos e fotografándose con multitude de participantes. “O éxito organizativo e de acollida do torneo estivo á altura do nivel do baloncesto galego. Ademais do marco incomparable no que puidemos xogar e gozar do baloncesto puidéronse ver moi bos partidos”
O Alcalde, Martiño Noriega, tampouco quixo perderse a cita e acudiu ao Praza 3×3. “Estamos moi a favor de sacar o deporte á rúa, de poder compartir os valores do baloncesto nun escenario como é esta Praza, facendo gozar a todo o que queira gozar dunha xornada deportiva”
CAIXABANK CO DEPORTE
CaixaBank, entidade líder do sector financeiro español e presidida por Jordi Gual, reforza con esta iniciativa a súa aposta polo baloncesto.
Ademais, conta con 14 millóns de clientes, 5.183 oficinas e 15,3 millóns de tarxetas emitidas. CaixaBank é unha entidade pionera a nivel internacional na emisión de tarxetas contactless, unha tecnoloxía que facilita o pago rápido de operacións de baixo importe, e as súas tarxetas ofrecen unha ampla variedade de servizos e vantaxes, incluíndo a posibilidade de personalizar a súa imaxe.










