Da man do Concello de Porriño e Porriño Baloncesto Base, o Campionato “Xunta de Galicia” 3×3 U17 celebra a súa edición 2024 – 2025 nesta localidade.
A cita será este domingo 18, no Pavillón Municipal, con 6 equipos femininos e 12 masculinos en xogo. Os 18 clubs protagonistas buscarán o título galego e a clasificación para o Campionato de España, con 2 prazas dispoñibles por categoría.
A súa posta de longo tivo lugar este xoves no propio Concello de O Porriño. O alcalde e o Concelleiro de Deportes, Abel, xunto ao noso Presidente, Julio Bernárdez; a Presidenta do club, Icia Alcade, e máis membros da estrutura do Club, compartiron os detalles do que será unha cita especial, que celebra o seu terceiro ano de vida e que non deixa de crecer.
Amadrinou este Campionato, Ainhoa Gervasini, xogadora integrante da Selección Española Absoluta 3×3.
Por parte do Porriño Baloncesto Basee, compartiron e arrouparon tamén a presentación: Sonia González, directiva; Yannés Vigo, coordinador de canastra grande e Rafael Alonso directivo.
Calendario xa dispoñible AQUÍ.










