O Porriño acolle a Fase Final da Copa Galicia Feminina

Será unha dobre final coas categorías LF2 o venres 27, e Liga Feminina Endesa o domingo 29, no pavillón municipal dos deportes

O pavillón municipal de deportes do Porriño será a sede dos eventos centrais da Copa “Xunta de Galicia” Feminina organizada pola Federación Galega de Baloncesto e o Porriño Baloncesto Base (PBB) coa colaboración da Concellería de Deportes do Porriño.
 
Trátase dunha doble final, xa que nesta 37ª edición haberá unha final protagonizada por equipos de Liga Feminina Endesa e outra específica para os equipos de Liga Feminina 2: Maristas Coruña e Mariscos Antón Cortegada. 
 
A presentación da Copa Galicia Feminina tivo lugar está mañá na Casa Consistorial, coa presencia de Alejandro Lorenzo, alcalde, Abel Estévez, concelleiro de Deportes, Julio Bernárdez Álvarez, presidente da Federación Galega de Baloncesto, Rafael Alonso Lago, membro da directiva do Porriño Baloncesto Base, e Carlos Álvarez, presidente do Celta Femxa Zorka. 
 
“Cando a Federación Galega se puxo en contacto para que organizáramos este evento, non o dudamos. Temos un club en Porriño que o está facendo moi ben e desde o Concello apoiamos enormemente o deporte feminino”, comenta Abel Estévez.
 
“No PBB estamos encantados de poder organizar esta competición. Gracias á Federación por ternos presente e darnos está visibilidade”, indicou, pola súa banda, Rafael Alonso Lago.
 
Carlos Álvarez, desde o aspecto deportivo do seu club, indicou “a ver si temos sorte de poder chegar á final, a pesar de que estamos un pouco lesionadas”.
 
Julio Bernárdez, Presidente da Federación Galega de Baloncesto, remarcou o poder do Baloncesto Feminino: “O baloncesto feminino é empoderamento e un auténtico espectáculo”. Salientou tamén o valor da Copa Galicia como envento de referencia para a entidade federativa:Este evento ten un interese especial. Desde a xunta de goberno da Federación, temos dous obxectivos claros: o desenvolvemento do deporte de base e o desenvolvemento do deporte feminino”. Nesta liña, proseguiu: “Xa estamos máis cerca da paridade, cun 36% de licencias femininas. Somos unha das comunidades autónomas con máis presencia na Liga Endesa, con tres equipos”.
 
Bernárdez agradeceu tamén a disposición do concello para albergar a Copa Galicia, e tivo unha mención especial a Rafa e Icía e os demáis membros do PBB, porque vai ser unha competición organizada con moito coidado e amor, como é habitual neles”. 
 
Por último, Rafael Lorenzo declarou que “é un luxo que se celebre a Copa Galicia no Porriño, o concello do deporte. O deporte feminino é o reflexo do deporte actual”. 
 
Calendario de partidos
O venres 27 de setembro ás 18:00 h terá lugar a final da Copa Galicia Feminina LF2 entre Mariscos Antón Cortegada e Maristas Coruña.
 
Ás 20:00 h está prevista a segunda semifinal da Copa Galicia Sénior Feminina entre o Durán Maquinaria Ensino e o Celta Femxa Zorka.
A primeira semifinal disputouse o pasado 12 de setembro en Pontevedra, na que o Baxi Ferrol se impuso ao CB Arxil.
 
Baxi Ferrol xogará a Final coas vencedoras desta segunda semifinal o vindeiro domingo 29 ás 17:15 h.
 
Os partidos do venres serán retransmitidos en directo a través de FEGABA TV, a canle da Federación Galega de Baloncesto en YouTube.
A final, pola súa banda, emitirase integramente en directo pola TVG (vía agalega.gal). 
 
As entradas pódense adquirir na app Cluber por 5,18€ por día para persoas adultas. Tamén estarán á venda na entrada do pavillón antes dos partidos. Os menores de idade poderán entrar de balde.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias