O Obradoiro Específico “Mellora individual do xogador” abre a temporada formativa da EGA

A Escola Galega de Adestradores (EGA), en colaboración co Básquet Coruñaactiva a primeira convocatoria de Formación Complementaria da temporada 2024 – 2025: o “Obradoiro Específico Mellora individual do Xogador”.

A cita terá lugar o 1 de setembro, abrindo un novo ciclo didáctico para a EGA, neste caso cos técnicos galegos Fernán Varela e Víctor Pérez como protagonistas.

O Obradoiro comprenderá dúas sesións individuais consecutivas, para rematar posteriormente con posta en común conxunta entre os nosos dous relatores. Este plan estenderase entre as 10:00 h e as 14:00 h con sede na Polideportiva de Riazor. 

Inscrición
A inscrición neste “Obradoiro Específico Mellora individual do Xogador” permanece xa aberta e realizarse vía FORMULARIO ONLINE. O prazo para completar a mesma estenderase ata o 29 de agosto (12:00 h).

Validación

A asistencia a esta proposta de apertura da temporada poderase validar por un total de 10 HORAS de formación complementaria para o alumnado dos Cursos de Adestradores EGA.

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram