O novo Campionato de España U17 3×3, en marcha en Mallorca

Este 2023 puxéronse en marcha dous campionatos de España novos, o de Seleccións Autonómicas 3×3 U13 e U15; e o de clubs U17. Este último iníciase este venres no Parc da Mar de Cala Millor (Mallorca) e estenderase ata o domingo, 11 de xuño.
Participan 38 equipos por categoría, entre os que se atopan, representando a Galicia: Rosalía Fedesa (Campión Galego) e Ensino Lugo (Subcampión Galego) en categoría Feminina; e Ensino Lugo (Campión Galego) e Edo Blanco Amor (SubCampión Galego) en masculino.

O CAMPIONATO, ÍNTEGRO EN CANALFEB E TWITCH | Todos os partidos, desde o venres 9 ao domingo 11 poderanse seguir en CanalFEB. Catro cámaras nas catro pistas permitirannos ver as evolucións da canteira do 3×3 español. A sesión do domingo (cuartos, semis e finais), emitirase en directo pola canle de Twitch da Federación.

38 EQUIPOS POR CATEGORÍA | Hai 38 aspirantes en categoría masculina e outros 38 en feminina ao primeiro título de Campión de España U17 3×3. Clubs específicos de 3×3, outros que contan coa súa sección desta modalidade olímpica, colexios… unha variedade de clubs de toda España que apostan polo 3×3.

MOITO MÁIS QUE BALONCESTO | A actividade desenvolverase no Parc da Mar de Cala Millor con catro pistas de xogo e unha pista extra de adestramento, pero ademais de todo isto haberá animación, speaker, música e outros servizos para que os deportistas poidan competir coas mellores condicións e poidan vivir unha experiencia inesquecible.

PRIMEIRA PASE E PASAPORTE A CUARTOS | O sistema de competición é sinxelo. Oito grupo de cinco equipos (dous deles contarán con catro) e unha primeira fase con enfrontamentos de todos contra todos. O primeiro de cada grupo pasa a cuartos de final. E a partir de aí, eliminatorias directas.

Calendario completo

CATEGORÍA MASCULINA
GRUPO A
CLUB DEPORTIVO ENRIQUE SOLER
SERVIGROUP BENIDORM BLANCO
CALVIUS BÀSQUET CLUB
CAFÉ CANDELAS ENSINO
CB IGUALADA JM 3×3

GRUPO E
FUNDACION BILBAO BASKET FUNDAZIOA
EDO BLANCO AMOR
CLUB SANT JOSEP OBRER
LITHIUM IBERIA SAGRADO CORAZÓN
OLD SCHOOL BLANCO

CATEGORÍA FEMININA
GRUPO B
CASADEMONT ZARAGOZA 2007 BLANCO
CAFÉS CANDELAS ENSINO
MSC LA SALLE
EASO IBAETA BASKET
B-MOOD STRENIA

GRUPO D
HAWKE LA PAZ
VALENCIA BASKET ACADEMY
INSTITUTOS COMPOSTELA XUNTA DE GALICIA
HOMS UE Mataró
ADAREVA TENERIFE

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram