Federación Galega e Federación Asturiana de Baloncesto impulsaron neste 2024 a I edición do “Norteo”, un Torneo Interautonómico de xogadoras veteranas con clara vocación integradora, apostando polo Baloncesto, os seus valores e ás implicacións da vida deportiva máis ala dos 35 anos.
Celebrado en Ribadeo os 26 e 27 de outubro, todas as participantes no Torneo sumaron esforzos en apoio á Asociación Española contra o Cancro. Portando todas elas camisetas rosas, remarcaron a importancia do traballo de investigación na prevención do cancro.
Esta primeira edición do “Norteo” contou tamén coa colaboración de Gestión GRATELU S.L., que achega o seu compromiso co NORTEO a través da acción de respaldo á Asociación Española Contra o Cancro.
















