Marín será o emprazamento para o Campionato de España de Clubs de Baloncesto Infantil Feminino. O vindeiro mes de xuño, os 32 mellores equipos desta categoría chegarán dende todo o país ata esta localidade, convertida xa, tras ser sede nos tres últimos anos de xeito consecutivo e tamén noutras ocasións no pasado; no escenario perfecto para acoller eventos de baloncesto base de ámbito nacional.
Federación Española e Federación Galega de Baloncesto depositan de novo a súa confianza no Concello de Marín e no club local, Marín Peixe Galego; como organizadores dun Campionato de España, que neste caso regresa con toda a forza tras a súa suspensión no pasado 2020 por mor da COVID19. A vixente edición terá lugar entre o 12 e 18 de xuño e converterase de novo nunha aposta decidida polo deporte de formación e polo valor engadido que supón un evento de estas características,
A celebración en Marín deste Campionato supón ademais a sétima ocasión consecutiva na que o nacional de baloncesto infantil feminino recala en Galicia, e en concreto na provincia de Pontevedra, para dilucidar ao seu campión.
Campionato de España Infantil Feminino – Sedes
2013 – 2014: Pontevedra
2014 – 2015: Pontevedra
2015 – 2016: Pontevedra
2016 – 2017: Marín
2017 – 2018: Pontevedra
2018 – 2019: Marín
2019 – 2020: Suspendido
2020 – 2021: Marín










