
O “III Claustro Docente FGB”, celebrado o pasado 13 de xuño en A Coruña, deixou un poso didáctico ben forte grazas ao seus catro técnicos relatores: Miguel Ángel Hoyo, Miguel Méndez, Moncho Fernández e Diego Ocampo. Un bloque formativo que, en breve, estará ao completo en disposición audiovisual aberta para todos os adestradores galegos.
A Área de Adestradores FGB, sabedora do valor das catro intervencións que protagonizaron esta cita, empeza a dar conta das mesmas de xeito visual.
Na nosa canle de YouTube, e ao longo de todo o verán, disfrutaremos das indicadas catro charlas íntegras:
Moncho Fernández (Rio Natura Monbus Obradoiro. Liga Endesa ACB): “Defensa Match Up: solución defensivas ante desvantaxes”.
Miguel Méndez (Familia Schio. Liga Feminina Italiana): “Equilibrar un ataque a partir dunha interior dominante”.
Diego Ocampo (UCAM Murcia. Liga Endesa ACB): “Mellora do xogo por parellas: detalles, esencia e proceso”.
Hoxe mesmo esta oferta audiovisual inaugúrase coa intervención de Miguel Ángel Hoyo, xa activa para a súa consulta en FGBRetransmisións.












