O II Torneo Go Go Zo! 3×3 bota a andar este sábado

  • O campionato terá lugar este sábado 6 e o vindeiro domingo 14, a partir das 10:00 horas no Complexo do Monte do Gozo, e estenderase ata a noite.
  • Ás xornadas sumaranse actividades para toda a familia con inchables, xogos, sorteos e unha comida solidaria en favor da Fundación Andrea.
  • A xornada do domingo 7 queda aprazada ata o vindeiro día 14 de setembro por mor das previsión meterolóxicas e para garantir a seguridade de todos os participantes e a sua mellor experiencia no Torneo. 

Máis de 450 participarán este sábado 7 e o vindeiro domingo, 14 de setembro, no Torneo Go!Go!Zo! 3×3, a segunda edición da competición de baloncesto que organiza o festival Go!Go!Zo! en colaboración coa Federación Galega de Baloncesto.

A presentación do evento tivo lugar esta maña na praza central do Complexo do Monte do Gozo, e contou coa presenza do secretario xeral da Lingua, Valentín García; o representante da organización do festival Go!Go!Zo!,Julio Asorey; e a Directora Xeral FEGABA, Susana Fernández.

Durante a presentación, Asorey destacou o éxito desta segunda edición do torneo, “que aumenta a participación en máis de 150 persoas con respecto ao ano pasado”, e agradeceu o apoio amosado dende a Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e da Secretaría da Lingua, “por facer posible un evento que nos permite reunir á mocidade galega nun lugar emblemático do Camiño de Santiago como é o Monte do Gozo, fomentando a nosa lingua e o deporte”.

Pola súa banda Valentín García, Secretario da Lingua, puxo en valor durante a súa intervención que “é un pracer apoiar iniciativas orixinais coma este torneo, que permiten potenciar a lingua galega entre a mocidade en ámbitos de lecer saudables, como son as competicións deportivas”.

Xa por último Susana Fernández, Directora Xeral de FEGABA, quixo destacar o éxito que teñen o seu deporte e este tipo de iniciativas entre a mocidade, “cunhas inscricións que se esgotaron moi rápido, pese a aumentar o número de participantes”.

O Torneo 3×3 Go!Go!Zo! desenvolverase entre mañá, sábado 6 de setembro, e o próximo domingo, 14 de setembro; dende as 10:00 a 21:00 horas. A maiores do propio campionato de baloncesto, que terá lugar de xeito simultáneo en dúas pistas, incluirá tamén unha formación específica de 3×3 organizado pola FEGABA e unha ampla programación de actividades de lecer para toda a familia, con diferentes inchables para cativos e maiores.

Pero ademais, o evento terá tamén carácter benéfico, pois durante as dúas xornadas realizaranse sorteos de camisolas deportivas e unha comida solidaria en favor da Fundación Andrea. Así, unha porcentaxe de todos os menús que se vendan durante a fin de semana doaranse a esta organización, que da apoio a nenos con enfermidades de longa duración, crónicas ou terminais e as súas familias.

O torneo 3×3 realizado en colaboración coa FEGABA enmárcase dentro da quinta edición do festival Go!Go!Zo!, e conta co apoio da Xunta de Galicia, a través de Turismo de Galicia e a Secretaría Xeral de Política Lingüística. 

Comparte:

Facebook
LinkedIn
Email
WhatsApp
Telegram
Máis noticias